Os veciños de Seixalbo solicitan o mantemento de actividades de conciliación nos centros cívicos da cidade
O pasado 17 de febreiro, a Asociación Veciñal de Seixalbo presentou escrito no concello de Ourense solicitando que se mantivera o servizo de LUDOTECA no centro cívico, xa que estaba previsto pechala a partir do 1 de marzo. Esta iniciativa estaba funcionando de xeito eficaz, permitindo a conciliación familiar durante o curso escolar. Tamén se solicitaba que “a maior brevidade, para poder organizarse as propias familias, se convoquen Actividades de verán para conciliación familiar nos Centros Cívicos correspondentes a este exercicio 2024.
Posteriormente, o o concello anunciou a prórroga deste servizo ata a finalización do curso, o que significou un alivio e satisfacción para as familias afectadas.
Por outro lado, un grupo de veciños e veciñas de Seixalbo iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas, que recabou o apoio tamén de outras familias afectadas dos distintos centros cívicos da cidade, e que hoxe presentaron no Rexistro do concello.
Así, foron presentadas no concello de Ourense 1.133 sinaturas que foron recollidas coa colaboración de todas as familias afectadas dos distintos Centros CÍvicos da cidade solicitando que:
"En evitación da incertidumbre que en relación a esta problemática ocorre cada certo tempo, e esperando que a presente sexa do seu interese, solicitase o compromiso do Concello coa realización das actividades que se desenvolven nos centros cívicos da cidade, dirixidas os máis cativos, propiciando así a Conciliación familiar, non só durante todo o que resta de curso escolar, senón programando as actividades de verán que nos últimos anos se viñan a convocar, así como as dos vindeiros exercicios"