Os Venres de Cine e Teatro de Amoeiro puxeron fin á edición de 2025 cun gran éxito de participación

O programa Venres de Cine e Teatro de Amoeiro puxo fin á súa edición de 2025 o pasado venres coa proxección da película ‘Amigos imaginarios’ no Pavillón Polideportivo, que contou cunha excelente resposta por parte do público. Con esta sesión conclúen as actividades desta iniciativa cultural que combina cine e teatro ao longo do verán.
O Concello de Amoeiro deu comezo a principios de xullo ao programa de actividades de verán, que inclúe propostas de ocio diversas, como deporte, teatro e cine ao aire libre. Durante os meses estivais, destacaron varias representacións teatrais, entre elas ‘A illa sen tesouro’, ‘Deus non quere calderilla’, ‘Subterránea’, de Mónica Sueiro, e ‘Sorpresa’, de Arantxa Treu.
O cinema tamén tivo un papel destacado, con proxeccións como ‘El maestro que prometió el mar’, ‘Padre no hay más que uno 4’ e ‘Sala de profesores’.