Os Venres de Cine regresan a Amoeiro esta noite coa proxección da película ‘Sala de profesores’

OurenseXa
O programa continuará o 29 de agosto coa proxección de ‘Amigos imaginarios’
venres-de-cine-amoeiro
Venres de cine en Amoeiro
22 Aug 2025

Os Venres de Cine e Teatro continúan en Amoeiro con novas proxeccións durante os venres de agosto, dentro da programación verán do municipio para fomentar a cultura entre a veciñanza.

O venres 22 de agosto proxectarase a película ‘Sala de profesores’ ás 21:30 horas, mentres que o 29 de agosto será o turno de ‘Amigos imaginarios’, tamén ás 21:30 horas.

Todas as actividades son de carácter gratuíto e terán lugar no Campo do Souto. Este ciclo arrancou o pasado 12 de xullo coa representación das obras ‘Subterránea’, de Mónica Sueiro, e ‘Sorpresa’, de Arantxa Treu, contando coa participación de máis de 70 veciños e veciñas.

⚙ Configurar cookies
0.16704511642456