Os xogos de auga do Parque Infantil da rúa Concello e do Parque das Zapatillas abren este sábado

OurenseXa
Os parques infantís de Ourense comezan a tempada de verán, que extenderase ata o próximo 15 de setembro
Parque infantil, Ourense
14 Xuño 2024

O Concello de Ourense abrirá ao público este sábado, 16 de xuño, os xogos de auga do Parque Infantil, na rúa Concello, e do Parque das Zapatillas, no barrio de San Francisco, para a temporada de verán, que se desenvolverá até o día 15 de setembro.

Os xogos do Parque da Zapatillas abrirán todos os días, (de luns a domingos, tamén os festivos), de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, mentres que os xogos do Parque Infantil tamén estarán á disposición do público todos os días, de 10.00 a 21.00 horas. Ademáis, de 16.00 a 21.00 horas contarán con persoal especializado en xogos de auga e os venres haberá actividades de dinamizacion infantil, de 16.30 a 21.00 horas.

0.16208815574646