Ourencanto celebrará a súa oitava edición do 14 ao 16 de abril de 2026

OurenseXa
O certame reunirá coros xuvenís, de educación primaria, secundaria e de canto común, e conta xa con 445 participantes inscritos
Ourencanto_2023
6 Feb 2026

Ourense acollerá do 14 ao 16 de abril de 2026 unha nova edición de Ourencanto, un encontro coral que se desenvolverá entre o Conservatorio Profesional de Música e o Auditorio Municipal de Ourense. O certame reunirá coros xuvenís, de educación primaria, secundaria e de canto común.

Nesta oitava edición hai xa 445 participantes inscritos, procedentes de distintos centros e agrupacións, que traballarán conxuntamente ao longo das xornadas en distintas actividades musicais e formativas.

Ourencanto rematará cun concerto aberto ao público, no que os coros participantes amosarán o traballo realizado durante o encontro.

A programación foi presentada este xoves nunha reunión da organización co delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo Cid, e co director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en Ourense, Jorge Rubén Sampedro Grande.

Desde a organización de Ourencanto agradecen a colaboración e o apoio da Xunta de Galicia para seguir consolidando este proxecto musical, cultural e educativo que xa se converteu nunha referencia.

⚙ Configurar cookies
0.083132982254028