Ourense abre unha nova liña de axudas para as Anpas

OurenseXa
A Deputación de Ourense aproba as bases da primeira convocatoria do concurso público para a concesión de axudas as Anpas, dotadas cun orzamento de 50.000 euros
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
3 Xul 2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de movilizar un total de 780.009,82 euros en diversas axudas para municipios, entidades e organismos de diferentes ámbitos de toda a provincia. Na sesión de hoxe, abriuse unha nova vía de colaboración institucional no eido educativo e de conciliación familiar.

Así, aprobáronse as bases bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de axudas a asociación e nais e pais de alumnado (Anpas), dotadas cun orzamento de 50.000 euros e cunha contía máxima de 2.000 euros por beneficiario. O prazo improrrogable de presentación iniciarase a partir da publicación da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións, e rematará o 14 de agosto de 2024, sendo este o derradeiro día no que poderán presentarse validamente as solicitudes.

No eido empresarial, aprobouse unha achega de 45.000 euros para a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), destinada ao Programa Reactiva Ourense +Emprego correspondente ao ano 2024.

No que atinxe aos concellos, o de Bande percibirá 12.000 euros para “Xurés Experience”; o de Castrelo de Miño recibirá 11.000 euros para limpeza e mantemento de instalacións municipais; para redacción de proxectos técnicos, o Concello de Castrelo do Val obtén 11.012,82 euros. O Concello de Xinzo de Limia percibirá, por unha banda, 15.000 euros para o Certame Celtibérico. Tamén obterá 40.000 euros para gastos de funcionamento do Conservatorio de Música e 4.000 euros para mantemento dos campos de fútbol.

Para reparación de diversos viais en Outomuro, Xinzo de Teixugueiras, Gueral de Riba, Seara e Os Cubanos, ao Concello de Cartelle concédenselle 40.000 euros; 50.000 euros é a cantidade que obtén o Concello de Montederramo para o cofinanciamento de pavimentación e accesos a núcleos rurais. Para a mellora da eficiencia enerxética en Pedraio, Penedo e Campamento, o Concello de Pereiro de Aguiar recibe 20.000 euros. Unha axuda de 23.100 euros servirá para que o Concello de Vilar de Santos poida acometer o proxecto da mellora de camiños en zonas de concentración parcelaria.

Outras entidades

No que atinxe a outras entidades, a Deputación concédelle ao Club Ourense Atletismo 15.000 euros para gastos de funcionamento, así como 6.000 euros ao Antela Club de Fútbol para o mesmo concepto.

A Asociación de Agrupación de Voluntarios de Protección Civil percibirá 15.000 euros para a xornada de convivencia deste colectivo. A Asociación de Empresarios Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL) obteñen 47.939,50 euros para gastos de funcionamento desta entidade. Pola súa banda, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) recibe 50.000 euros para gastos de funcionamento e programas de inserción laboral.

Para as escavacións do Castro de Armea, a Universidade de Vigo obtén 20.000 euros de axuda da Deputación, mesma cantidade que percibe a Fundación Carlos Velo para gastos de funcionamento. A Asociación Cultural Rebulir contará con 5.500 euros de axuda provincial para actividades culturais e recreativas. Para a promoción da gastronomía e produtos ourensáns, Amigos da Cociña ten unha achega de 25.000 euros.

A iniciativa “Rock entre Pedra e Poesía” obtén 7.500 euros, mentres que á Asociación de Viúvas María Andrea concédenselle 10.000 euros para o seu Congreso. Para actividades varias de formación, a Asociación Provincial de Empresarios de Autoescolas de Ourense veñen de obter 40.000 euros, mentres que para actividades e publicacións, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas perciben 20.000 euros. Para a etapa da provincia de Ourense de “O Gran Camiño”, a Deputación aportará 133.100 euros.

Ao Banco de Alimentos de Ourense concédenselle 30.000 euros para gastos de funcionamento, así como como 4.000 euros á Asociación Musical Lopo Lias. Por último, Baile Danzón percibe 9.857,50 para gastos de funcionamento da súa gala benéfica.

0.16872096061707