Ourense acolle o IX Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península

O Centro Cultural Marcos Valcárcel converteuse esta semana en punto de encontro para profesionais e representantes de distintas academias de cine e audiovisual da Península Ibérica, no marco do Ourense Film Festival e organizado pola Academia Galega do Audiovisual. A cita continúa este xoves e ten como finalidade fomentar a colaboración e o intercambio de experiencias entre as diferentes institucións do sector audiovisual.
Neste encontro participan representantes das academias de Andalucía, Aragón, Asturias, Cataluña, Extremadura, Galicia, Valencia e Portugal.
Durante a apertura interviron Carmen Méndez, vicepresidenta primeira da Academia Galega do Audiovisual; Pablo Troncoso, presidente da Academia Portuguesa de Cine; Óscar Doviso, director artístico do OUFF; e César Manuel Fernández Gil, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense.
Os asistentes destacaron o papel do OUFF na promoción e visibilidade do cine galego, así como a importancia deste tipo de encontros para fortalecer os lazos entre as diferentes institucións do sector audiovisual.