Ourense acolle un ano máis o tradicional mercado de venda de uva

Como todos os anos, o Campo da Feira de Ourense acolle nestas datas o mercado de venda de uvas, cada día de luns a domingo, de 8.00 a 22.00 horas. Esta é unha actividade tradicional que se celebra desde tempos inmemoriais no recinto feiral da cidade. Ainda que os puntos de venda son habituais en moitos lugares, o Campo da Feira de Ourense concentra o maior volume destas operacións comerciais na provincia desde sempre.
O mercado, que xa leva uns días funcionando, acostuma prolongarse durante un mes, aproximadamente. No día de hoxe, 17 de setembro, coincide ademais coa feira ordinaria de Ourense.