Ourense acolle unha mostra sobre o Carrabouxo para homenaxear os seus 40 anos de historia

OurenseXa
O Carrabouxo é un dos personaxes máis icónicos do humor gráfico galego, creado polo debuxante Xosé Lois González Vázquez en 1982
mostra-carrabouxo
O Carrabouxo
19 Out 2024

O Centro Comercial Ponte Vella acolle desde o pasado xoves unha mostra de homenaxe ao coñecido personaxe ourensán O Carrabouxo e ao seu creador, Xosé Lois González, coincidindo co 40º aniversario da súa presenza no mundo da cultura ourensá.

O Carrabouxo é un dos personaxes máis icónicos do humor gráfico galego, creado polo debuxante Xosé Lois González Vázquez en 1982. A través das viñetas do Carrabouxo, Xosé Lois logrou capturar con ironía e agudeza o espírito da sociedade galega e os acontecementos cotiáns.

Ao longo dos anos, O Carrabouxo abordou temas de actualidade como a corrupción, o cambio climático, a economía, as relacións sociais e a política local, nacional e internacional. Pero faio desde unha perspectiva próxima ao pobo, cunha sinxeleza que esconde unha crítica aguda. A súa linguaxe popular e directa, a miúdo en galego, reforza o seu vínculo co lector, ofrecendo unha visión ás veces aceda pero sempre enxeñosa da realidade.

0.15318393707275