Ourense acolle a presentación do estival Gastronómico do Bacallhau de Chaves
A Praza Bispo Cesaréo acolleu este luns a presentación do Festival Gastronómico do Bacallhau de Chaves. A Cámara Municipal de Chaves escolleu a capital de As Burgas para presentar esta importante cita gastronómica que se desenvolverá na cidade portuguesa entre o 1 e o 5 de maio.
Durante a exhibición, os asistentes poideron gozar dun prato de autor de bacallau elaborado por un chef portugués. Con esta iniciativa, Chaves promociona un evento que chega este ano á súa terceira edición, logo de ter congregado nos anos anteriores unha grande participación de público, entre o que se rexistrou a asistencia de moitas persoas procedentes de España.
Do 1 ao 5 de maio, máis de 60 restaurantes e unidades hoteleiras flavienses servirán pratos ou menús de bacallau que prometen conciliar a innovación coa tradición, marcados igualmente pola exuberancia e sabor da gastronomía da localidade. Un xurado avaliará os máis de 40 pratos a concurso, nas categorías de mellor entrante, mellor prato principal, mellor prato tradicional, talento novo e innovación gastronómica. Amais dos premios do xurado, o público asistente elixirá o galardón ao mellor restaurante a concurso.
O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, xunto co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, participaron na presentación, mostrando o seu apoio aos veciños portugueses.