Ourense analiza o reforzo en seguridade de cara ás actividades de verán

OurenseXa
Eladio Santos e Aníbal Pereira copresidiron a Xunta Local de Seguridade, na que se abordou tamén a situación en materia de seguridade cidadá na capital e o Plan Director
Reunión da Xunta Local de Seguridade de Ourense
20 Jun 2024

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, copresidiron este mércores a reunión da Xunta Local de Seguridade na que se realizou un análise das medidas de seguridade que se implantarán durante as actividades propias do verán, así como da situación da capital en materia de seguridade cidadá no que vai de ano.

No tocante a época estival, as forzas de seguridade non escatimarán esforzos para garantir a vixilancia durante as festas locais e a protección dos turistas, comercios e vivendas que quedan baleiras durante as vacacións. Con este obxectivo, como detallou Eladio Santos, “o Goberno de España vai a reforzar en nove comunidades que teñen afluencia turística as plantillas de seguridad cidadá con 2.724 axentes de Policía Nacional e 1.683 efectivos da Garda Civil. A Galicia asignaránselles 354 axentes. Ademais, haberá un reforzo especial para o Camiño de Santiago, así como nas campañas especiais de tráfico postas en marcha pola DXT para mellorar a seguridade vial durante o verán”.

En canto á seguridade cidadá, no que vai de ano, destaca a baixada no número de denuncias de agresións sexuais, a diminución dos roubos en vivendas e o importante aumento do esclarecemento de delitos por parte das forzas de seguridade. Por outra banda, plantexouse a irrupción da ciberdelincuencia, un tipo de delito que se comete de xeito rápido e que esixe unha ardua investigación por parte da Policía Nacional, que aposta pola prevención a través da difusión de información por parte de institucións públicas e medios de comunicación para concienciar á ciudadanía dos perigos da mesma.

Nesta materia, os representantes dos distintos corpos puxeron en evidencia a súa continua colaboración en diversos operativos. Polo que o subdelegado quixo destacar “a diversidade das actuacións que levan a cabo os corpos de seguridade e a importante coordinación que existe entre eles, o que nos permite sentirnos protexidos. É evidente que as cousas están funcionando, aínda que obxectivo cero e imposible de conseguir”. Salientou así o traballo “duro, difícil, intenso e diario” que realizan e que “a sociedade debe valorar”.

No relativo ao Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas, Eladio Santos lembrou que se trata “dun tema que eu vivín como profesor de secundaria durante todos estes anos. É un asunto imprescindible porque son os expertos os que informan sobre aspectos aos que os profesores non chegamos. Mediante este Plan nos centros educativos estase traballando na prevención en materia de drogas, alcohol, violencia de xénero, conductas violentas, ciberacoso… pequenas circunstancias que poden desembocar en condutas violentas no futuro. Ás veces os nenos e mozos non son conscientes das consecuencias das accións que están levando a cabo e con estas charlas apóstase pola prevención”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18609690666199