Ourense arranca en abril a temporada de festivais
Ourense comeza en abril a súa tempada de festivais. O pistoletazo de salida terá lugar o vindeiro 27 de abril en Expourense co Outopía Festival, que celebra este ano a súa primeira edición.
Outopía chega da man da produtora viguesa Leitmotiv que xa foi a encargada de traer ao DJ internacional, David Guetta, ao Auditorio de Castrelos e que se converteu no concerto máis multitudinario da historia da cidade de Vigo, con máis de 120.000 persoas.
Ata a data, o festival conta con tres artistas confirmados, entre os que se atopan Juan Magán, Dumore e Dasoul, que prometen converter a este festival nun dos referentes da música electrolatina no noso país.
Pola súa banda, novena edición do xa coñecido Ourensound Fest chegará ao Complexo Deportivo de Monterrei os días 23, 24, 25 e 26 de maio. Ata agora, son 12 os artistas confirmados, entre os que destacan as cabezas de cartel Arde Bogotá e Fillas de Cassandra, que actuarán a noite do venres 24 de maio, e Sidonie, Tanxugueiras e Shinova, que o farán o sábado 25 de maio. Polo momento, quedan por confirmar os grupos encargados de poñer a música na tarde do domingo e do xoves.
Ademáis, este ano súmase tamén un novo festival que terá lugar o día 20 de abril en San Cibrao das Viñas. Trátase de "As Viñas Fest", que traerá á orquestra Panorama a este concello.