Ourense bate o seu récord histórico de temperatura no mes de maio

OurenseXa
A cidade superou onte os 38 graos
ponte-romana-ourense-recurso
Ponte Romana, Ourense
30 May 2025

A provincia de Ourense bateu este xoves o seu récord histórico de temperatura no mes de maio, nunha xornada na que os termómetros da cidade chegaron a acadar os 38,05 graos, segundo MeteoGalicia.

A calor non deu tregua na provincia, que na súa maior parte superou os 30 graos a partir do mediodía. Segundo as previsións, este venres a xornada será igualmente calorosa e os termómetros poderían acadar os 36 graos, sobre todo na cidade. As altas temperaturas manteranse durante toda a fin de semana, aínda que se espera que diminúa un pouco a súa intensidade.

⚙ Configurar cookies
0.1771080493927