Ourense celebra a Festa dos Maios este domingo con concertos, obradoiros e moitos premios

OurenseXa
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre actuarán na Praza Maior
maios_ourense
28 Apr 2025

Ourense celebra este domingo, día 4,a tradicional Festa dos Maios, declarada de interese turístico de Galicia. Unha edición que chega cargada de música e premios e que encherá a cidade de cores.

O programa arrancará ás 11.00 horas na rúa do Paseo coa exhibición dos maios que participan no concurso convocado polo Concello. A mesma hora comezará un obradoiro de confección de coroas e peiteados, na confluencia da rúa do Paseo con Alejandro Outeiriño (xunto á escultura da Leiteira), e que durará ata as 18.00 horas.

Ás 11.30 horas haberá unha ruada cos cabezudos e xigantes con música tradicional, pola Rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza do Ferro, Rúa da Paz, Rúa das Tendas e Praza Maios. Ás 12.00 horas será o canto de coplas, diante do xurado, na rúa do Paseo.

O programa continuará pola tarde coa entrega de premios do concurso de coplas e maios, e o canto das mellores cantigas na Praza Maior, ás 19.00 horas, e ás 19.30 horas Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre darán un concerto na Praza Maior.

⚙ Configurar cookies
0.11309814453125