Ourense celebra a Noite de Medo cun programa repleto de actividades

OurenseXa
Obradoiros, desfiles, espectáculos, un túnel do terror e as actuacións de Heredeiros da Crus e A Gramola marcarán a xornada
Halloween 2023
31 Oct 2025

Ourense celebra este venres a súa xa tradicional Noite de Medo – Halloween 2025, cunha completa oferta de actividades de animación, obradoiros, desfile e música en directo, co concerto final de Heredeiros da Crus.

A cita, xa consolidada no calendario festivo da cidade, combinará propostas para nenos e adultos, animación de rúa e espectáculos que transformarán Ourense nun escenario de diversión e terror.

Entre as actividades destacan obradoiros de cabazas e maquillaxe para a cativada, túnel do terror, desfile, concerto infantil e o espectáculo “Chaioso de Medo”. A xornada rematará co concerto de Heredeiros da Crus e unha sesión especial da Gramola que prolongará a festa ata a madrugada.

A festa, segundoo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, “é xa o mellor Halloween de toda España”. A Noite de Medo consolídase así como unha das propostas máis esperadas do outono en Ourense, combinando tradición, diversión e música en directo para toda a familia.

PROGRAMA COMPLETO DA FESTA DE HALLOWEN 2025 – NOITE DE MEDO

⚙ Configurar cookies
0.091526985168457