Ourense celebra este sábado unha ruta nocturna en patíns, skate ou patinetes non eléctricos pola cidade

Por primeira vez, o Club Roller Ourense, a Deputación Provincial e o Concello de Deportes de Ourense únense para organizar a Ruta Nocturna de Luces, un paseo nocturno por estrada que percorrerá o centro da cidade.
A actividade está pensada para realizarse en patíns, skate ou patinetes non eléctricos, e non se permiten bicicletas. Será obrigatorio o uso de casco, proteccións e chaleco reflectante, ademais de levar luces para facer visible a ruta. Os menores deben ir acompañados por un adulto responsable, e cada participante será responsable de si mesmo, eximindo aos organizadores de calquera responsabilidade.
O percorrido comezará cunha quedada ás 20:30 no Pavillón dos Remedios, xunto ás letras de Ourense, e a saída será puntual ás 21:00. A ruta inclúe a Rúa Progreso, Avenida de Zamora, Rotonda Paco Paz, Alameda e Praza Maior. Quen non se sinta preparado para completar todo o percorrido poderá abandonar a ruta na Alameda á ida.
O obxectivo é gozar da cidade e fomentar o deporte como medio de transporte ecolóxico e sostible, polo que está prohibido consumir alcohol ou tabaco durante o paseo. Ao final, celebrarase unha pequena festa con "pre-uvas" para os participantes.