Ourense celebrará o Domingo de Ramos con procesións no Centro, na Ponte e na Carballeira

OurenseXa
Haberá cortes de tráfico nos tres barrios durante a mañá
ourense-madamitas
28 Mar 2026

A cidade de Ourense vivirá este domingo, 29 de marzo, a celebración do Domingo de Ramos, unha xornada marcada polas tradicionais procesións que percorrerán distintos puntos da cidade, tanto no centro como nos barrios da Ponte e da Carballeira.

No centro urbano, a procesión dará comezo ás 11:00 horas e discorrerá por vías como Curros Enríquez, Rúa do Paseo, Lamas Carvajal, Praza de Santa Eufemia e Juan de Austria, ata a entrada na Catedral pola rúa Lepanto. Este percorrido incluirá cortes de tráfico nas rúas Xoán XXIII e Concello, con desvíos para facilitar a circulación pola Avenida da Habana e zonas próximas.

Tamén ás 11:30 horas sairá a procesión no barrio da Ponte, na parroquia das Caldas. O itinerario pasará pola Avenida das Caldas, Vicente Risco, Francisca Herrera e Avenida de Santiago, entre outras vías. Durante o seu paso, estableceranse diferentes restricións e desvíos en puntos como a Avenida das Caldas, Basilio Álvarez, Vicente Risco, Avenida de Santiago ou Ático Noguerol, co fin de compatibilizar o paso da comitiva coa circulación rodada.

No barrio da Carballeira, na parroquia do Sagrado Corazón, a procesión comezará tamén ás 11:30 horas e percorrerá a Praza da Lexión, a rúa Castelo Ramiro e a Praza do Sagrado Corazón. Neste caso, haberá desvíos de tráfico en rúas como Castelo Ramiro, Fernández Alonso e Nicomedes Pastor Díaz, co obxectivo de garantir o desenvolvemento do percorrido.

0.13821196556091