Ourense celebrou a Semana da Administración Aberta con visitas guiadas á Biblioteca Pública Nós

OurenseXa
A actividade contou cun gran éxito de participación e terá continuidade este mércores cunha xornada de portas abertas ás instalacións da Subdelegación
visitas-guiadas-biblioteca-nos
Semana da Administración Aberta na Biblioteca Nós
20 May 2025

Preto de 60 persoas participaron nas visitas guiadas á Biblioteca Pública Nós organizadas pola Subdelegación do Goberno en Ourense, dirixidas a empregadas e empregados públicos con motivo da Semana da Administración Aberta 2025.

Debido á alta demanda, as visitas dividiron en catro quendas, dúas o luns ás 10:00 e ás 12:00 horas, e outras dúas hoxe nos mesmos horarios. A guía das visitas foi Iria Miguélez, quen presentou aos asistentes as instalacións da biblioteca estatal e explicou os servizos que ofrece.

Ademais, a Subdelegación do Goberno organiza unha xornada de portas abertas para diferentes entidades sociais e veciñais na súa sede da Rúa Parque de San Lázaro, 1, mañá, mércores 21 de maio, ás 12.00 horas. Os participantes realizarán unha visita guiada para coñecer o edificio.

⚙ Configurar cookies
0.16801500320435