Ourense conmemora o aniversario da morte de Alexandre Bóveda

OurenseXa
O escritor César Pazos publica un documento inédito baseado en feitos reais e relatado na súa novela ‘La Corona de la Alianza’
AB181797-EE03-4643-92F2-6BD13DDEC0A5
Vídeo conmemorativo do asasinato de Alexandre Bóveda, César Pazos
17 Ago 2024

Este sábado, 17 de agosto, cúmplense 88 anos do fusilamento do intelectual ourensán Alexandre Bóveda, que foi asasinado polo bando sublevado en Poio, Pontevedra, tras ser condenado por un delito de “traición” á patria.

Con este motivo, o autor César Pazos vén de editar un vídeo que supón un documento inédito baseado en feitos reais e relatado na súa novela ‘La Corona de la Alianza’ e no que participan destacados actores de dobraxe acompañados por unha morea de profesionais. A peza audiovisual, na que pode escoitarse o requiem ‘A desolación de Galicia’, pretende extraer, co maior rigor, respeto e realismo aquel intre terrible.

"No ano 1936, na xenerosa terra de Galicia, desatouse unha treboada de brutalidade, un proceso militar que a historia coñecerá como o exterminio sistemático. Un proceso que non distinguiu entre idade, clase ou condición, que non tivo piedade nin tregua”, sinala o autor.

“Foi unha caza despiadada contra aqueles que amaban a súa patria e soñaban cun futuro libre. Este escuro capítulo da nosa historia encárnase na figura de Alexandre Bóveda, un xigante intelectual, un líder cuxa voz resoaba coa esperanza dun pobo. Pero foi silenciado, fusilado un 17 de agosto, nun intento desesperado de apagar a chama do espírito de Galicia”, explica.

“Porén, nós, todos os cidadáns galegos, lembramos. Lembramos non só o seu sacrificio, senón tamén o ideal que defendeu coa súa vida. E nesa lembranza, atopamos a forza para seguir adiante, para construír un futuro onde a xustiza e a liberdade prevalezan. Porque mentres lembremos, a tiranía nunca poderá vencer”.

0.11061596870422