Ourense conmemora o Día Mundial da Obesidade

OurenseXa
Andainas saudables e mesas divulgativas espalladas por varios centros sanitarios farán partícipes aos usuarios para resaltar a importancia da actividade física e os hábitos de vida saudables para a prevención da obesidade e a aparición de enfermidades
obesidade_Ourense
Día Mundial contra a obesidade
4 Mar 2024

Este luns 4 de marzo celébrase o Día Mundial da obesidade e con tal motivo a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras está a programar unha serie de actividades divulgativas e de participación para a cidadanía en varios centros de saúde da área e no Hospital Universitario de Ourense.
O Día mundial da obesidade é unha chamada á acción para tratar un problema de saúde global urxente e con tal motivo o lema da campaña deste ano escollido pola OMS "Falemos de obesidade", fai referencia a importancia de que toda a poboación tome conciencia de que a obesidade, relacionada con factores como a alimentación, a actividade física e o sono, non só afecta a saúde física, senón tamén a saúde mental e a calidade de vida.
A Área Sanitaria ourensá organiza para esta xornada multitude de actividades nas que farás partícipes a toda a poboación que así o desexe xa que varios profesionais sanitarios como persoal médico, persoal de enfermaría, fisioterapéutas, nutricionistas, traballadores sociais... únense cunha programación de varias andainas saudables e mesas informativas co obxectivo de empoderar aos pacientes e usuarios na toma das súas propias decisións en saúde.
Estas son as actividades programadas para mañá luns 4 de marzo por centro sanitario:

Mesa interactiva no Hospital Universitario de Ourense

No vestíbulo principal do Hospital Cristal haberá unha mesa informativa onde se poderá interactuar coa nova plataforma multitecnolóxica do Sergas “Sanidade Mediaverso” que usa as novas tecnoloxías para promover estilos de vida saudables e que se estrutura ao redor de catro grandes eixos: a alimentación saudable, a actividade física, o coidado do benestar emocional e a prevención de condutas aditivas.
Lugar: Entrada principal Hospital Cristal. / Horario de 10:30 ás 13:00 horas.

Centro de Saúde A Valenzá: Andaina e pílula saudable

Actividade comunitaria encamiñada aos usuarios do Centro de saúde de A Valenzá coa organización dunha Andaina que terá saída do Pavillón de deportes de A Valenzá e pílulas saudables a cargo de Ricardo de la Fuente Cid (nutricionista) e Jose Manuel Álvarez Pena (Enfermeiro Especialista en Saúde e Comunitaria)
Lugar: Saída do Pavillón de deportes de A Valenzá. / Horario: 12:30 horas.

Centro de Saúde Nóvoa Santos e O Couto : Andaina e mesas informativas.

Actividade comunitaria encamiñada aos usuarios dos Centros de saúde Nóvoa Santos e O Couto coa realización dunha andaina con saída ás 8:30 horas da Ponte Romana coa participación das tres nutricionistas dos centros de saúde María Piñón, Yasmín López e Marta María Cid. Posteriormente haberá mesas informativas nos vestíbulos principais dos centros de saúde.
Lugar andaina: Saída da Ponte Romana. / Horario: 8:30 horas
Mesa C. S. Nóvoa Santos: vestíbulo principal. / Horario: 10:30 a 12:30 horas.
Mesa C. S. O Couto: vestíbulo principal. / Horario: 10:00 a 12:00 horas.

Centro de Saúde A Ponte: Andaina e mesa informativa

Actividade comunitaria encamiñada aos usuarios do Centro de saúde de A Ponte coa realización dunha andaina con saída desde o propio centro de saúde ás 10:00 horas coa participación da nutricionista Alba García. Posteriormente a chegada da actividade física haberá unha mesa informativa no vestíbulo principal do centro de saúde.
Lugar andaina: Saída do Centro de Saúde de A Ponte. / Horario: 10:00 horas.
Mesa C. S. A Ponte: vestíbulo principal. / Horario: 10:45 a 12:00 horas.

Centro de Saúde Valle Inclán: Obradoiro de fisioterapia e mesa informativa

Actividade comunitaria encamiñada aos usuarios do Centro de saúde de Valle Inclán con realización do obradoiro “Actívate” impartido polo fisoterapéuta. Tamén haberá unha mesa informativa nos vestíbulo principal en horario de mañá e tarde nas que participarán os profesionais sanitarios do centro coa nutricionista Tania Lorenzo.
Obradoiros “Actívate”: Ximnasio. / Horarios: 11:30 a 12:00 e 12:30 a 13:00 horas.
Mesa C. S. Valle Inclán: vestíbulo principal. / Horarios: 11:00 a 13:00 e 16:00 a 18:00 horas
Centro de Allariz: Andaina e mesa informativa
Actividade comunitaria encamiñada aos usuarios do Centro de saúde de Allariz coa realización dunha andaina saudable “Anímate a camiñar con nós” coa participación dos profesionais do centro de saúde as enfermeiras Cecília Rodríguez e Cristina Rodríguez e a nutricionista Ana López. Tamén haberá unha mesa informativa na praza do Concello unha vez rematada a andaina o redor das 11:15 horas.
Lugar andaina: Saída do Centro de Saúde de Allariz. / Horario: 10:30 horas.
Mesa informativa: praza do Concello / Horario: 11:15 horas.

Centro de Saúde A Cuña: mellor a pé

Na mañá do luns o persoal do centro de Saúde de A Cuña colocará unha sinalización da campaña de sensibilización chamada “Mellor a pé” dirixida aos usuarios e aos propios traballadores do centro sobre a importancia para a saúde da actividade física.
Esta estratexia de comunicación visual colocarase nos chanzos das escaleiras e nos corredores das plantas e consta de tres niveis de sinalización informando sobre a relación entre camiñar e subir ou baixar chanzos coa saúde. 1: Carteis nas portas dos ascensores; 2: Mensaxes nos frontais dos chanzos que reforzan a decisión saudable;  3: Carteis nos corredores coas mensaxes que fortalecen a decisión de camiñar.
O obxectivo desta campaña é o de contribuír a aumentar a actividade física e reducir o comportamento sedentario tanto dos usuarios como do persoal do Centro de Saúde de A Cuña, contribuíndo a que consigan as recomendacións de actividade física formulados pola OMS (Organización Mundial da Saúde) e reduzan o seu nivel de sedentarismo e desenvolver habilidades e responsabilidades persoais relacionadas que xestión da saúde, o autocoidado e o desenvolvemento persoal.
cartel_dia_mundial_obesidade_ourense
0.20805406570435