Ourense constitúese como un referente no eido da formación de profesionais sanitarios a nivel nacional

OurenseXa
O CHUO acolle durante esta semana a segunda edición do Curso de Microcirurxía Experimental Vásculo-Nerviosa en Neurocirurxía
chuo_curso_microciruxia
Curso de Microcirurxía Experimental Vásculo-Nerviosa en Neurocirurxía no CHUO
Redacción Ourensexa
25 abr 2024

Ourense acolle desde hoxe mércores 24 ata o sábado 28 de abril a segunda edición do Curso de Microcirurxía Experimental Vásculo-Nerviosa en Neurocirurxía destinado exclusivamente a persoal médico e residentes do servizos de Neurocirurxía de Galicia e que ten como Directores á Xefa do Servizo de Neurocirurxía do CHUO, Ana Pastor Zapata, e ao Xefe de Sección de Cirurxía Xeral, Pedro Trillo Parejo.

Este curso é eminentemente práctico, individualizado e intensivo xa que unicamente cinco alumnos teñen posibilidade de acceder a cada edición desta actividade formativa e neste caso haberá representación de profesionais dos hospitais do CHUAC de A Coruña, CHUS de Santiago de Compostela e Hospital Povisa de Vigo.

O Hospital Universitario de Ourense ven organizando desde 2009 multitude de cursos formativos nesta Unidade de Simulación con la celebración de Cursos de Microcirurxía Experimental ou os afamados ATLS (Advanced Trauma Life Support), ETC (European Trauma Course) e na actualidade constitúese como un centro referente en cuanto a formación sanitaria a nivel nacional, grazas a contar entre os seus médicos con varios profesionais, dos servizos de Cirurxía, Neurocirurxía, Urxencias e Anestesia e Reanimación, acreditados como instrutores tanto pola Asociación Española de Microcirurxía como polo Colexio Americano de Cirurxiáns.

Nesta segunda edición do curso os alumnos aprenderán as técnicas de sutura e o manexo do material de microcirurxía e o emprego do microscopio e utilizarán simuladores sintéticos para o seu adestramento na aprendizaxe da sutura vásculo-nerviosa.

Os instrutores deste curso serán o Xefe de Sección de Cirurxía Xeral do CHUO, Pedro Trillo Parejo, os Neurocirurxiáns do CHUO, Pilar Varela e Martín Raposo, e o Cirurxián maxilofacial do CHUS, Joaquim Megías Barreda e josé Luis Toubes, coordinador da Unidade de simulación da área sanitaria.