Ourense conta con cinco novas fontes de auga potable para cans

O Concello de Ourense instalou cinco novas fontes de auga potable para cans en diferentes zonas da cidade coa finalidade, explican dnde o goberno municipal, de fomentar a saúde e o benestar das mascotas.
As novas fontes están na Praza do Couto, a Praza de San Marcial, a Alameda, a Praza Daniel González (As Lagoas) e o Parque de San Lázaro, cinco zonas con alta afluencia de persoas que pasean cos seus cans a diario..
Este novo equipamento permitirá que as mascotas dispoñan de puntos de hidratación axeitados, especialmente durante os meses de verán cando as temperaturas son máis elevadas na cidade. Tamén contribuirá a previr problemas de saúde, evitar que os animais busquen auga en lugares non adecuados, e favorecer o uso e desfrute responsable e compartido dos espazos públicos.