Ourense contará cun Plan de Lectura provincial para fomentar a compra de libros entre os menores

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou esta semana as bases do I Plan de Lectura Provincial, cunha dotación de 350.000 euros destinada á compra de libros para menores empadroados na provincia, nados a partir de 2007. A iniciativa cumpre cun acordo plenario adoptado en abril deste ano.
Segundo as bases, a adquisición de libros realizarase entre o 15 de outubro e o 20 de decembro. Ademais, publicarase unha listaxe dos establecementos que se adhiran ao plan, unha vez que presenten a súa solicitude para participar entre o 25 de setembro e o 10 de outubro.
O plan busca fomentar a lectura entre os máis novos e garantir o acceso a materiais de calidade en toda a provincia.