Ourense dá a benvida aos 173 artistas que participarán nas XXXIX Xornadas de Folclore

OurenseXa
O Teatro Principal acolleu a cerimonia inaugural das XXXIX Xornadas de Folclore co desfile das agrupacións participantes nesta edición procedentes de Colombia, México, Panamá, Serbia, Senegal e Taiwán
Inauguración das XXXIX Xornadas de Folclore
13 Ago 2024

O Teatro Principal acolleu este luns, 12 de agosto, a cerimonia inaugural das XXXIX Xornadas de Folclore, que contou co desfile das seis agrupacións participantes nesta edición procedentes de Colombia, México, Panamá, Serbia, Senegal e Taiwán.

O deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Luis Fernandez Fernandez deu a benvida aos participantes nas Xornadas e afirma que serán “os mellores embaixadores de Ourense nos vosos países”. O deputado definiu esta cita como “un dos eventos máis esperados do verán cultural ourensán”.

O Festival está organizado pola Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta e dos diferentes concellos que acollen este evento

A a programación desta edición prolongarase ata o 21 de agosto con actuacións nas vilas do O Barco de Valdeorras, Celanova, Maceda, Verín, Entrimo, Viana, A Rúa, Allariz, Trives, Carballiño, Castro Caldelas, Xinzo, Manzaneda, Bande, ademais de Ourense cidade e Ribadavia.

Os encargados de espallar a súa música, baile e tradicións pola provincia de Ourense serán 173 artistas das seis agrupacións: Colombia (Fundación Ballet Folclórico de Nobsa Colombia), México (Ballet Folk. Instituto Tecnológico de Celaya), Panamá (Academia Andrés Valiente, Danzas y Proyecciones Folklóricas), Serbia (Kud Srem), Senegal (Ballet Jammu) e Taiwán (Yuan Yuan Dance Group).

0.18048810958862