Ourense despide o Entroido este mércores co tradicional Enterro da Sardiña

OurenseXa
A charanga A Felga acompañará ao cortexo fúnebre que partirá da Praza Maior ata o Parque de San Lázaro
enterro-da-sardiña-ourense-2025
18 Feb 2026

A cidade de Ourense vístese de loito este mércores para despedir o Entroido de 2025, que chega ao seu fin logo de seis días de festa onde non faltaron os disfraces e a música polas rúas do centro da cidade.

Para despedir as festas, ás 20.00 horas haberá unha concentración na Praza Maior na que as carpideiras acompañarán a Sardina ao longo do percorrido amenizado pola charanga Felga. O cortexo fúnebre percorrerá o centro dende a Praza Maior ata o Parque de San Lázaro, rematando coa queima da Sardiña fronte á subdelegación do Goberno.

Con motivo das celebracións, ás 18:00 horas pecharase a rúa Curros Enríquez, no treito comprendido entre a rúa do Paseo e a Avenida da Habana, fronte á Subdelegación.

Este ano, a cidade viviu un dos seus entroidos máis multitudinarios, especialmente durante a noite do sábado e do luns, cando miles de persoas, ataviadas cos seus disfraces, encheron as rúas do centro ata ben entrada a madrugada.

⚙ Configurar cookies
0.085674047470093