Ourense e Pontevedra reforzan a súa colaboración para captar fondos europeos

OurenseXa
As deputacións de ambas provincias están a traballar conxuntamente para optar a fondos europeos en proxectos de eficiencia enerxética e de envellecemento saudable
reunion-deputacion-ourense-pontevedra-fondos-europeos
Encontro entre representantes das deputacións de Ourense e Pontevedra
18 Jul 2025

As deputacións de Ourense e Pontevedra avanzan na súa cooperación para optar a financiamento europeo en proxectos relacionados coa eficiencia enerxética e o envellecemento saudable.

O deputado de Medio Ambiente da Deputación de Ourense, José María Lago, e o deputado de Fondos Europeos da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, mantiveron este xoves unha reunión de traballo na sede da institución pontevedresa. O encontro serviu para facer seguimento das iniciativas conxuntas postas en marcha desde febreiro e valorar novas liñas de colaboración.

Ademais da preparación de solicitudes a programas europeos, tamén se abordaron posibles proxectos orientados a reforzar a cohesión do territorio entre ambas provincias, especialmente nas zonas do río Miño e da Raia Seca. Outro dos temas tratados foi a dinamización do turismo sostible, coa vista posta en accións compartidas con outras deputacións españolas.

Na reunión participaron tamén técnicos de ambas institucións: Susana Fernández, da Dirección de Proxectos Europeos; Marcos Areán, xefe de servizo de Cooperación; e José Antonio Piñeiro, da sección de Iniciativas Comunitarias.

⚙ Configurar cookies
0.43875813484192