Ourense festexa o sábado grande do Entroido con máis dunha ducia de actuacións musicais

OurenseXa
As charangas sairán ás rúas a partir das 12.00 horas e a xornada completarase coa actuación da Olympus e DJs nas prazas da cidade
entroido-ourense
Entroido de Ourense
1 Mar 2025

Ourense festexa este sábado o día grande do Entroido de 2025. Miles de persoas encherán as rúas do centro da cidade na maior celebración que vive a cidade.

A festa arrancará a mediodía coa sesión vermú, que contará con animación de rúa a cargo das charangas Tattoo e CLK. Ás 17.30 horas, na Praza Maior, haberá unha festa infantil con obradoiros de maquillaxe e o concerto de Pakolas.

Os cabezudos e xigantes sairán ás rúas a partir das 18.00 horas, acompañados da charanga Noroeste e, ás 19.00 horas, será a quenda de DJ Tibu e o Trío Somoza, que acuarán na Praza Maior e na Praza de Santa Eufemia, respectivamente. A festa na Praza Maior continuará coa actuación de Los Periquitos, Caña Aquí e Brexit, que comezarán a actuar ás 20.00 horas, seguidos de  Coleguitas, que actuarán unha hora máis tarde. Xa a media noite, a festa na Praza Maior seguirá con DJ Gramola.

Entre tanto, os pasarrúas continuarán polo casco histórico. Aperta, Nova Terra de Trves e Noroeste sairán ´ás 21.30 horas, mentres que Latexo, Sorch Show Band y Alambique, sairán a partir das 23.00 horas, e Trópico de Grelos e Dr. Anchoa farán o mesmo a partir das 00.30 horas, cando tamén arrancará unha sesión DJ na Praza do Correxidor.

Pola súa conta, ás 23.30 horas comezará a sesión DJ na Praza de Santa Eufemia e, ás 00.00, arrancará a actuación da Orquestra Olympus na rúa do Progreso.

Programa completo

  • 12.00 horas Animación de rúa con Tattoo e CLK nas rúas da cidade
  • 17.30 horas Festa Infantil con maquillaxe e concerto de Pakolas na Praza Maior
  • 18.00 horas Animación de rúa cos cabezudos e xigantes e a charanga Noroeste nas rúas da cidade
  • 19.00 horas Concerto de DJ Tibu na Praza Maior
  • 19.00 horas Actuación do Trío Somoza na Praza de Santa Eufemia
  • 20.00 horas Los Periquitos, Caña Aquí e El Brexit na Praza Maior
  • 21.00 horas Actuación de COLEGUITAS na Praza Maior
  • 21.30 horas Aperta, Nova Terra de Trives e Noroeste nas rúas da cidade
  • 23.00 horas Latexo, Sorch Show Band e Alambique nas rúas da cidade
  • 23.30 horas Sesión DJ na Praza de Santa Eufemia
  • 23.59 horas Baile coa orquestra OLYMPUS na Rúa do Progreso
  • 23.59 horas DJ Gramola na Praza Maior
  • 00.30 horas Trópico de Grelos e Dr. Anchoa nas rúas da cidade
  • 00.30 horas Sesión DJ na Praza do Correxidor
⚙ Configurar cookies
0.70083808898926