Ourense fixa os servizos mínimos nos autobuses urbanos ante a folga de transporte
O Concello de Ourense fixou os servizos mínimos no servizo de autobuses urbanos ante a folga de ámbito estatal do sector de transporte, que prevé paros os días 28 de outubro, 11 de novembro, 28 e 29 de novembro, 5 de decembro e 9 de decembro, e con duración indefinida a partir do 23 de decembro.
O decreto asinado polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, establece que durante os paros prestarase servizo por un vehículo en cada unha das liñas do servizo municipal 1-2-3-4-5-9- 10-11A-11B-12-13A-13B-14-15-16-C17-18-21-22-26-27-33 e 1 vehículo tamén para a liña 20, e por 2 vehículos nas liñas 6-7. A liña 19 interromperá o servizo.
Engade o decreto que se deberá garantir o último e o primeiro horario de cada servizo e que os traxectos dos servizos mínimos deberán realizarse de forma completa.
Para o resto de persoal da empresa concesionaria, en inspección o servizo mínimo será do 100%, en taller de polo menos o 75%, tanto mecánicos como lavacoches, e en administración do 75%.