Ourense garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do 11M

OurenseXa
O día de hoxe cúmprense 20 anos daqueles terribles atentados que lle costaron a vida a 193 persoas.
Recordo11M_Deputacion1
Minutos de silencio en memoria das vítimas do 11M na Deputación de Ourense
11 Mar 2024

O presidente provincial, Luís Menor, membros da corporación provincial e persoal da institución, gardaron esta mañá un minuto de silencio á entrada do Pazo Provincial como mostra do recordo solidario cos afectados polos atentados e as súas familias.

Pola sua banda, o Concello de Ourense convocou esta mañá un minuto de silencio na Praza Maior polo Día europeo na memoria das víctimas do terrorismo. Asistiron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e representantes de todos os grupos políticos municipais.

O día de hoxe cúmprense 20 anos daqueles terribles atentados que lle costaron a vida a 193 persoas. O persoal da Deputación únese ás mostras de solidariedade manifestadas ao longo do día de hoxe en apoio a todas as vítimas e as súas familias.

 

0.056485891342163