Ourense garda un minuto de silencio polas vítimas do incendio de Valencia
O Concello de Ourense gardou un minuto de silencio na mañá deste luns, día 26 de febreiro, na porta da Casa do Concello, polo devastador incendio sucedido en Valencia, como mostra de pesar polas persoas falecidas, feridas e afectadas e como manifestación de solidariedade con todas elas, co Concello de Valencia e con toda a cidadanía.
Pola súa banda, o presidente provincial, Luís Menor, e membros da corporación provincial e persoal da institución mantiveron tamén esta mañá un minuto de silencio á entrada do Pazo Provincial como mostra do pesar polos falecidos, feridos e tódalas persoas afectadas polo devastador incendio producido o pasado xoves en Valencia.
O persoal da Deputación únese ás mostras de solidariedade manifestadas ao longo do día de hoxe en apoio a todas as vítimas, así como ao Concello de Valencia e a toda a súa cidadanía.