Ourense inaugura o VIII Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península

OurenseXa
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu este martes a apertura deste encontro organizado pola Academia Galega do Audiovisual
Encontro Academias de Cine, Ourense
VIII Encontro de Academias de Cine e Audiovisual
2 Oct 2024
Ourense está a ser o escenario do oitavo Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península que estará centrado na prevención de violencias e acoso no ámbito audiovisual. O Centro Cultural Marcos Valcárcel, acolleu este martes a apertura deste encontro organizado pola Academia Galega do Audiovisual e que incluirá actividades abertas ao público que serán emitidas en streaming, co propósito de concienciar e formar aos profesionais do sector sobre a importancia de garantir contornas laborais seguras e libres de violencia.
As academias de cinema e audiovisual están a liderar a creación de protocolos de actuación fronte ao acoso e unidades de atención ás vítimas no sector audiovisual. O Encontro de Academias constituirá o primeiro foro no que as diferentes academias poñerán en común estas iniciativas, que promoven unha cultura laboral que rexeita o acoso e apoia ás vítimas de maneira efectiva e empática.
0.15931105613708