Ourense inaugura o XI Congreso da Inspección Educativa de Galicia
OurenseXa
A cita ten como obxectivo abordar, dunha forma práctica, as oportunidades e retos en educción
2 Maio 2024
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle este xoves, 2 maio, a inauguración do XI Congreso da Inspección Educativa de Galicia, baixo o título 'A inspección educativa: novos retos, novas oportunidades'.
A cita está organizada pola Asociación de Inspectoras e Inspectores de Educación de Galicia e abordará, dunha forma práctica, as oportunidades e retos en educción, presentando algunhas experiencias educativas con IA e finalizando con algún dos seus usos prácticos na aula.
O congreso extenderse ao longo de dous xornadas, o xoves, 2 de maio, e o venres, 3 de maio, e contará coa participación de diversos expertos no sector.