Ourense inaugura unha nova edición da Feira do Libro

OurenseXa
A Feira do Libro de Ourense abandona a súa localización tradicional na rúa do Paseo e pasa a situarse no Parque de San Lázaro
Feira do Libro en Ourense
6 Xuño 2024

Ourense inaugura unha nova edición da Faeira do Libro, que arranca este mércores e que se extenderá ata o sábado 8 de xuño.

A principal novidade esta edición é que, este ano, a feira abandona a súa tradicional localización na rúa do Paseo e se translada ao Paque de San Lárzo, onde se instalarán os sete postos participantes.

O motivo deste cambio de ubicación vén tras o anuncio realizado o pasado mes de marzo por parte do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, de non autorizar más feiras no Paseo, alegando que este tipo de eventos, coa instalación de expositores a pé de rúa, ocasionaban prexuízos en materia de visibilidade e accesibilidade aos comercios existentes, ao tránsito peonil e á entrada de vehículos a garaxes e a espazos de carga e descarga.

Agora, os asistentes poderán gozar dun gran número de propostas literarias da man de catro librarías no céntrico parque, cun 10% de desconto nas súas compras, así como máis de vinte sinaturas de libros, sete presentacións, actuacións musicais, obradoiros, recitais e actividades infantís.

A feira abrirá durante os tres días en horario de mañá, entre as 11.00 e as 14.00 horas, e de tarde, entre as 18.00 e as 22.00 horas.

Tras o seu paso por Ourense, o calendario continuará ata agosto con paradas en Redondela (do 13 ao 16 de xuño), Vigo (do 1 ao 7 de xullo), Ponteareas (do 11 ao 14 de xullo), Rianxo (do 24 ao 27 de xullo), A Coruña (do 1 ao 10 de agosto), Viveiro (do 12 ao 15 de agosto), Foz (do 16 ao 19 de agosto) e Monforte de Lemos (do 21 ao 24 de agosto).

0.19712901115417