Ourense lanza unha campaña de reciclaxe de vidro impulsada por intelixencia artificial

OurenseXa
Trátase dunha iniciativa impulsada polo Concello e Ecovidrio e que usa por primeira vez a IA para mellorar a recollida de residuos e sensibilizar á poboación
reciclando-vidrio
12 Mar 2026

O Concello de Ourense e Ecovidrio poñen en marcha, por primeira vez, unha campaña que utiliza ferramentas de intelixencia artificial para mellorar a recollida de residuos de envases de vidro e sensibilizar a cidadanía sobre a súa importancia para o medio ambiente.

A análise de datos realizada por Ecovidrio permitiu identificar un gran potencial de recollida nos barrios do Couto, arredores do centro comercial Ponte Vella, o Parque de San Lázaro e a Avenida de Pardo de Cela, incidindo en 14 unidades censuais e 10.600 domicilios. Con esta iniciativa, preténdese aumentar as toneladas de envases de vidro depositados nos contedores verdes e incrementar as taxas de recuperación no municipio.

Para mobilizar á poboación, os máis de 17.000 habitantes destas zonas recibirán unha carta informativa e serán visitados por un equipo de educación ambiental. Estes profesionais proporcionarán información sobre a campaña, resolverán dúbidas e entregarán bolsas para facilitar a separación de residuos nos fogares. Ademais, identificarán puntos de afluencia onde se desenvolverán accións informativas a pé de rúa, reforzando a mensaxe sobre a reciclaxe de vidro.

O alcalde de Ourense destaca que se trata dun proxecto “innovador que combina análise de datos e mobilización cidadá para contribuír a un Ourense máis sostible”.

O vidro é un exemplo de economía circular, xa que se recíclase ao 100% para fabricar novos envases de forma indefinida sen perder as súas propiedades. Actualmente, en España recíclanse 7 de cada 10 envases de vidro, o que permite aforrar enerxía e reducir emisións de gases de efecto invernadoiro. Segundo o cálculo da entidade, con só 10 botellas de vidro afórrase a enerxía consumida por un smartphone durante case un ano e evítanse as emisións que xera un coche en 15 quilómetros.

Ecovidrio é unha organización sen ánimo de lucro formada por empresas para xestionar conxuntamente os residuos de envases de vidro, garantindo a súa reciclaxe e cumprindo coa normativa ambiental. É o único SCRAP especializado en vidro que xestiona a recollida selectiva e promove a sustentabilidade desde a orixe dos envases.

0.13189911842346