Ourense liderará o sector aeroespacial galego co novo edificio de Enxenería Aeronáutica do Campus

OurenseXa
As obras, iniciadas este venres, contan cunha inversión de arredor de dez millóns de euros
xunta-visita-aeroespacial-ourense
11 Jul 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participou hoxe no acto de inicio das obras do novo edificio da Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo, un proxecto que enmarcou na aposta estratéxica do Goberno galego por facer do sector aeroespacial, da seguridade e da defensa un motor de crecemento, emprego e modernización.

Durante a súa intervención, o xefe do Executivo autonómico salientou que a nova infraestrutura “é necesaria” para axudar a consolidar o recente recoñecemento ao Campus de Ourense e a “darlle futuro á presencia da universidade” na cidade. En cifras, a Xunta financia o 60% do custo total cunha achega de 6,3 millóns de euros e o edificio contará con máis de 6.500m2 dedicados a aulas, laboratorios punteiros e incubadoras de proxectos.

Así, este proxecto reforza a especialización e identidade científica do Campus da Auga, recentemente acreditado como campus especializado pola Xunta, cun financiamento por parte da Administración que supera os 12 millóns de euros desde 2013, e cun enfoque centrado na alimentación, na agricultura, no medio ambiente e no termalismo.

⚙ Configurar cookies
0.19221210479736