Ourense organiza unha nova edición do 'Espazo Coeduca'
A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense organiza unha nova edición do programa de actividades de conciliación de verán “Espazo coeduca”, para nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade.
O Espazo Coeduca é un programa coeducativo dirixido a nenas e nenos de Educación Primaria onde se realizarán actividades, dinámicas e xogos coidadosamente deseñados para garantir un ocio non sexista e poder traballar valores relacionados coa igualdade dun xeito lúdico.
As actividades se realizarán en dependencias do Concello de Ourense durante os meses de xullo e agosto de 2024 de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas
A formalización da inscrición será presencial, na Asociación CAVAS Galicia, nas galerias Sol, entreplanta, local 9A, onde se realizará unha breve entrevista na que se explicará o programa e as actividades a realizar. As familias interesadas poderán realizar a inscrición até o día 17 de xuño, a través do código QR que aparece no cartel da actividade e na páxina web do Concello ou a través das redes sociais do Centro de Información Municipal Ás Mulleres (CIMM), en Facebook e Instagram.