Ourense pon en marcha unha nova edición do programa ‘Nexos’ para mulleres en situación de vulnerabilidade

OurenseXa
A iniciativa desenvolverase de outubro a xuño no CIMM
CIM-Ourense
19 Sep 2025

A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense retoma este outono o programa Nexos, dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade e vítimas de violencia de xénero. A iniciativa desenvolverase de outubro a xuño con tres sesións mensuais, que se realizarán os xoves en horario de 10:00 a 13:00 horas. Cada grupo contará cun máximo de 15 participantes.

As mulleres interesadas poden informarse e inscribirse na Concellería de Igualdade, situada na rúa Vasco da Ponte, 1 (baixo), chamando ao teléfono 988 39 31 91 ou a través do correo electrónico concelleriamuller@ourense.es.
O programa, que se vén realizando desde hai anos no Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM), busca crear un espazo de encontro no que as participantes poidan traballar aspectos persoais, familiares e sociais que lles permitan mellorar a súa situación.

As sesións inclúen temas vinculados á violencia de xénero, á comunicación e resolución de conflitos ou ás experiencias persoais das participantes. Ademais, contarán coa colaboración de profesionais especializadas en terapia do reencontro, traballo corporal e técnicas de relaxación.

⚙ Configurar cookies
0.1073009967804