Ourense pon fin ás Festas da Ponte 2024

OurenseXa
Como xa vén sendo habitual na cidade, as orquestras foron as grandes protagonistas das celebracións
Festas da Ponte 2024, imaxe de Gonzalo Pérez Jácome
28 Xul 2024

O barrio da Ponte pon fin este domingo as súas festas tradicionais, unha das máis multitudinarias da cidade de Ourense e que arrancaron o pasado mércores, 24 de xullo. Como xa vén sendo habitual na cidade, as orquestras foron as grandes protagonistas das celebracións e contaron cunha afluencia masiva de xente.

Entre as actuacións máis destacadas estiveron a da orquestra Olympus, que foi a encargada de inaugurar os festexos o pasado mércores. O xoves foi o turno da orquestra New York e a tradicional tirada de fogos artificiais, entre que o vernes a noite estivo protagonizada pola orquestra Furia Joven. O broche de ouro estivo a cargo do grupo Tatto e da discomóbil A Gramola, ben coñecida na noite ourensá, que encargouse de poñer fin á festa deste sábado.

Os pequenos e pequenas da cidade todavía poden gozar este domingo das actraccións que, ademáis, contarán con prezos reducidos para festexar o 'Día do nano'.

0.19634795188904