Ourense presenta o catálogo da mostra '1975-2006 A fugacidade do tempo de Xaime Quesada Blanco'

OurenseXa
'A fugacidade do tempo' é unha mostra antolóxica que reúne 60 obras pictóricas de pequeno e grande formato do artista ourensán
la-fugacidad-de-tiempo
Inauguración da mostra 'A fugacidade do tempo'
22 Xuño 2024

Este venres tivo lugar na Sala Valente a presentación do catálogo da exposición que, desde o día 9 de maio, podese visitar neste espazo: 1975-2006 A fugacidade do tempo de Xaime Quesada Blanco.

Ao acto, que contou coa presenza da nai do artista Mª Jesús Blanco Piñeiro, asistiron o tenente de alcalde Aníbal Pereira e a concelleira Ana Fernández.

'A fugacidade do tempo' é unha mostra antolóxica que reúne 60 obras pictóricas de pequeno e grande formato do artista ourensán, de carreira curta pero intensa.

A exposición poderá visitarse até o día 30 de xuño no seguinte horario:

  • Martes a sábado: de 11.00 a 13:30 horas e de 18.30 a 21.30 horas
  • Domingos: de 11.00 a 13.30 horas
  • Luns e festivos: pechado
0.096796989440918