Ourense rende homenaxe a Eduardo Blanco Amor

OurenseXa
O cemiterio de San Francisco acolleu a tradicional ofrenda floral ao escritor, coincidindo coa data do seu pasamento
homenaxe-blanco-amor
1 Dec 2025

A Deputación de Ourense participou esta mañá na tradicional homenaxe ao escritor Eduardo Blanco Amor, celebrada cada decembro coincidindo coa data do seu pasamento. O acto tivo lugar no cemiterio de San Francisco, onde repousan os restos do autor ourensán.

O deputado provincial José María Lago destacou o “legado cultural” deixado polo intelectual no 46º aniversario da súa morte, así como o “labor de preservación” que realiza a Fundación Eduardo Blanco Amor. O seu presidente, Luis González Tosar, participou tamén na ofrenda organizada pola entidade.

Como cada ano, alumnado do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense participou na homenaxe lendo varios poemas fronte á tumba do escritor. A xornada concluíu coa tradicional ofrenda floral que compartiron representantes institucionais, a fundación e asistentes ao acto.

⚙ Configurar cookies
0.076164960861206