Ourense rende homenaxe ás enfermeiras da primeira promoción do Hospital Provincial
O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe no acto de conmemoración do 50º aniversario da primeira promoción da Escola de Axudantes Técnicos Sanitarios (A.T.S), ubicada no primeiro pavillón do Hospital Provincial e vinculada daquela no aspecto docente á Universidade de Santiago e no económico e administrativo á Deputación Provincial.
Luis Menor destacou que esta efeméride conta cunha importancia destacada na recente historia de Ourense, "pois estamos a falar dunha profesión, a da Enfermaría, íntimamente ligada coa provincia, con enormes méritos e un carácter pioneiro no último medio século", sinalou, ao tempo que reivindicou que "Ourense está en débeda con aquelas 40 mulleres que abriron ese camiño".
O presidente provincial aproveitou tamén para agradecerlles ás integrantes da primeira promoción da Escola de Enfermaría o seu traballo: "Mulleres, en definitiva, que se formaron en Ourense para coidar de todos nós. Porque a iso adicaron as súas vidas profesionais: a coidarnos e curarnos".