Ourense retoma a Comisión de Patrimonio Cultural

OurenseXa
O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, presidiu hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel a reunión de constitución deste órgano consultivo para o mandato 2023-2027
Ourense_comision_patrimonio
Reunión de constitución da Comisión de Patrimonio Cultural da Deputación de Ourense
21 Mar 2024

A Deputación de Ourense retoma a Comisión de Patrimonio Cultural, constituída hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel para o mandato 2023-2027. O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, preside esta Comisión de carácter consultivo que ten como obxectivo facilitar o estudo, investigación, protección, conservación, difusión e posta en valor do patrimonio cultural da provincia de Ourense.

Na xuntanza, César Fernández propuxo diferentes cuestións relativas ao patrimonio relixioso da provincia como “a necesidade de abordar unha colaboración a tres partes entre a Deputación, o Bispado e a Xunta de Galicia, para traballar a prol da conservación do patrimonio arquitectónico relixioso da provincia”.

A Comisión tamén acordou abrir unha liña especifica de traballo e investigación sobre o patrimonio inmaterial, xa que os estatutos da propio comisión non contemplan inicialmente esta cuestión. Abordouse a necesidade de levar a cabo un inventario provincial que inclúa os espazos expositivos, museos, centros de interpretación e infraestruturas culturais de diferente natureza para achegalos á propia cidadanía e a todos os visitantes.

Entre as actividades que contempla realizar este órgano consultivo cabe destacar a conservación destes bens, a promoción de investigacións que permitan afondar no seu coñecemento, difundir os seus valores históricos e artísticos a través de diferentes iniciativas culturais, así como organizar actividades e campañas para concienciar á cidadanía sobre a súa importancia.

0.10834193229675