Ourense sela unha alianza estratéxica para reforzar as telecomunicacións no rural

OurenseXa
A Deputación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia consolidan unha colaboración pioneira para estudar e mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en toda a provincia
foro-telco-ourense
22 Nov 2025

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, confirmou este venres durante a gala ForoTelecos Galicia 2025, celebrada na Bodega Pazo Tizón, un acordo estable de colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA) co obxectivo de mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en todo o territorio, especialmente nas áreas rurais.

Menor definiu esta cooperación como un impulso necesario para garantir a igualdade de oportunidades. “Iniciaremos una colaboración pionera para estudiar y mejorar las infraestructuras de telecomunicaciones en toda la provincia, especialmente en el rural. Las telecomunicaciones son estratégicas y nuestra ciudadanía no puede quedar aislada”, sinalou. O presidente salientou ademais que esta alianza permitirá atraer talento e xerar actividade económica: “Queremos crear oportunidades, atraer gente, impulsar negocio y poner en valor una industria tecnológica que ya es clave en Ourense”. Entre os proxectos xa en marcha destacou o Programa Reto Rural Digital, que formará en novas tecnoloxías a 6.000 veciños, con especial atención a persoas maiores e desempregadas.

Pola súa banda, o decano do COETTGA, José Manuel Martínez Pérez, destacou que “detrás de cada cable, cada antena o cada algoritmo hay personas con talento, ilusión y una responsabilidad profesional que muchos sectores envidiarían. Galicia es hoy una de las comunidades que más crece en empleo TIC y eso es gracias a este colectivo”. Martínez reivindicou que a innovación depende, sobre todo, do traballo dos profesionais: “Podemos hablar de 5G, de inteligencia artificial o de computación cuántica, pero lo más importante sigue siendo el factor H: humanidad. La tecnología avanza porque la empujan profesionales con ética, criterio y visión de futuro”. Tamén celebrou a colaboración anunciada pola Deputación, que cualificou como “un ejemplo pionero, profesional, serio y replicable, que refuerza el papel de las telecomunicaciones como motor de desarrollo para Galicia”.

A gala, organizada por ForoTelecos Galicia, reuniu a máis dun centenar de profesionais, empresas tecnolóxicas, representantes institucionais e universitarios. Ademais do anuncio institucional, o evento serviuse para recoñecer figuras destacadas do ecosistema TIC galego cos Premios Enxeño 2025, que distinguiron novos talentos, referentes empresariais, institucións comprometidas co sector e traxectorias consolidadas en enxeñaría e desenvolvemento tecnolóxico.

Con esta edición, ForoTelecos consolida o seu papel como punto de encontro estratéxico do sector TIC en Galicia, reforzando a súa aposta pola innovación, a formación especializada, a mellora de infraestruturas, o impulso tecnolóxico no rural e a consolidación dun tecido empresarial competitivo.

⚙ Configurar cookies
0.083583116531372