Ourense será a sede do II Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Produtoras

OurenseXa
A Asociación Galega de Produtoras Independentes organiza entre o 29 de setembro e o 1 de outubro este encontro no marco do
AGAPI-OUFF
19 sep 2024

Agapi organiza no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense o II Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Produtoras (PAP) dos días 29 de setembro a 1 de outubro.

Ourense será de novo o punto de encontro das Federacións e Asociacións que forman parte desta plataforma que se reunirá durante tres días para falar da situación actual do audiovisual en España, da relación coas plataformas, dos contratos e dereitos de propiedade intelectual ou do marco lexislativo entre outras cuestións.

Esta plataforma representa o 90% da produción independente española. Está composta por máis de 500 empresas de produción audiovisual e ten como finalidade operativa a procura de sinerxías en cuestión transversais relacionadas co modelo de xestión dos recursos públicos e privados, os orzamentos ou a relación da industria audiovisual coas institucións.

A PAP está conformada polas seis federacións de produción audiovisual do Estado: AECINE (Asociación Estatal de Cine), DIBOOS (Federación estatal de Animación), MAPA (Federación territorial composta por 10 Asociacións de Produtoras Independentes de diferentes Comunidades Autónomas, entre as que se encontra AGAPI), PIAF (Federación de Asociacións de Produtoras Independentes composta por 7 asociacións de diferentes Comunidades Autónomas), PROA (Federación de Asociacións de Produtoras Estatais composta por 7 Asociacións sectoriais de produtoras) e PROFILM (Asociación de Produtoras que ofrecen servizos a rodaxes internacionais en España)

0.19925212860107