"Ourense sitúase á dianteira no diagnóstico do cancro de próstata respecto ao resto de Europa”

OurenseXa
Dionisio López Bellido, xefe do servizo de Uroloxía do CHUO, lembra que Ourense ten unha das poboacións máis envellecidas de Europa e destaca a importancia dun diagnóstico precoz para aumentar a taxa de supervivencia do cancro de próstata
Dionisio López Vellido
Dionisio López Vellido
11 Xuño 2024

O cancro de próstata é un dos tumores máis frecuentes en España. Ao redor de 30.000 persoas son diagnosticadas cada ano con esta enfermidade, unha cifra que en Ourense ronda entre os 250 e os 300 novos diagnostícos ao ano e que supón que un de cada catro varóns padecerán esta enfermidade ao longo da súa vida. Así o explica Dionisio López Bellido, xefe do servizo de Uroloxía do CHUO.

Sen embargo, o doutour lembra que a taxa a supervivencia en este tipo de cancro é unha das máis altas que existen, situándose por enriba do 85% e incluso 95%. Así, co tratamento axeitado, os pacientes poden levar unha excelente calidade de vida tras o diagnóstico.

López Vellido fai fincapé na importancia dun diagnóstico precoz para asegurar a taxa supervivencia, a través da visita ao urólogo ou ao profesional de atención primaria, especialmente a partir dos 50 anos, ou dos 45 anos cando existen antecedentes familiares desta enfermidade. As probas, explica, consisten na realización dunha proba PSA, “a que máis medo dalle aos homes”. Por iso, fai un chamamento a deixar de lado estes medos e realizarse de forma frecuente estas probas, xa que uns valores altos na PSA poderían estar relacionados cun tumor na próstata, inda que tamén lembra que a causa máis probable de incremento dos valores na PSA débese á idade ou a infeccións.

Ourense ten unha das poboacións máis envellecidas de Europa o que, segudo sinala López Vellido, “levounos a ter a dianteira no diagnóstico do cancro de próstata respecto ao resto de Europa”.

Na área sanitaria de Ourense, explica, “realízanse entre 700 e 800 biopsias ao ano”, unha cifra que en ocasións pode chegar incluso ata as 1.000, resalta o doutor. “A biopsia de próstata é a uníca proba a través da cal pode diagnosticarse este tipo de cancro”. Das realizadas na nosa provincia, un 30% teñen un resultado positivo e, dentro de esta cifra, “entre o 70% e o 80% dos pacientes reciben tratamento con intención curativa mediante ciruxía radical ou radioterapia”.

Uns tratamentos que na área sanitaria de Ourense evolucionaron exponencialmente nos últimos anos. “Agora, entre un 85% e un 90% as ciruxías fanse a través dos sistema robótico Da Vinci e, en canto á radioterapia, conseguimos usar cada vez técnicas máis precisas, efectivas e con menos efectos secundarios”.

López Vellido lembra que grazas a un diagnótico precoz, sumado aos avances nas técnicas de curación do cancro de próstata, Ourense logrou aumentar a taxa de supervivencia desta enfermidade nos últimos 20 anos ata un 80%.

0.18883109092712