Ourense súmase á Hora do Planeto apagando de forma simbólica a Ponte Romana

O Concello de Ourense participará na edición de 2026 da iniciativa ambiental “A Hora do Planeta” co apagado simbólico da iluminación da Ponte Romana durante unha hora. A acción desenvolverase este sábado entre as 20.30 e as 21.30 horas.
Con este xesto, o goberno local súmase a un movemento global en defensa do medio ambiente e das persoas, que busca chamar a atención sobre a necesidade de actuar fronte ao cambio climático.
“A Hora do Planeta” naceu en Sydney no ano 2007 como unha acción simbólica consistente en apagar as luces de edificios e monumentos durante unha hora. Na actualidade, na súa vixésima edición, a iniciativa mobiliza millóns de persoas en case 200 países, converténdose nunha das maiores accións colectivas a nivel mundial en favor da protección do planeta.
Desde o Concello subliñan que este tipo de iniciativas contribúen a sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de adoptar hábitos máis sostibles e de coidar o entorno natural.