Ourense, única capital galega sen programación para conmemorar o Día do Orgullo

OurenseXa
Ourense é a única capital galega que non realizará actos institucionais ou actividades para apoiar a este colectivo
Orgullo LGTBI
Bandeira do Orgullo LGTBI
28 Xuño 2024

Este venres, 28 de xuño, conmemórase o Día Internacional do Orgullo LGTBI, unha cita que ten por obxectivo reivindicar a diversidade sexual e os dereitos de todas as persoas independentemente da súa orientación sexual.

Mentres que os concellos de Pontevedra, Lugo e A Coruña decidiron incluír nas súas axendas institucionais distintos actos para conmemorar a xornada, Ourense é a única capital galega que non conta con programación institucional de ningún tipo para celebrar o Orgullo.

Segundo afirmaba o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a razón de non incluír a cita na programación oficial do Concello é porque cree que “nunca se fixo”.

Unhas declaración que suscitaron as críticas dos socialistas, que lembraban tras coñecer a postura do rexedor que “cando gobernaban outros partidos si se ten apoiado á visibilidade e importancia desta data para acadar unha cidade máis respectuosa e inclusiva con actividades que se promovían dende a propia Administración local”.

Hoxe, constátase que Ourense é a única capital galega que non realizará actos institucionais ou actividades para apoiar a este colectivo.

“É unha mágoa que toda a responsabilidade para celebrar esta data recaía nas entidades e asociacións da cidade sen ningún tipo de apoio dende o executivo local e é unha actitude e decisión coa que as e os socialistas non podemos estar de acordo”, apuntan desde o PSOE de Ourense.

0.19768595695496