Outopía: así é o novo festival de música que chega a Ourense o vindeiro abril
Ourense contará cun novo festival de música este 2024. Trátase de Outopía Fest, que chegará a Expourense o vindeiro 27 de abril, sendo un dos primeiros da tempada de festivais de toda Galicia.
O festival, que acaba de anunciarse, contará coa presenza do artista catalán, Juan Magán que, con cancións como "Verano azul" e "Bailando por ahí", é un dos máis recoñecidos dentro do xénero electrolatino no noso país.
Outopía chega da man da produtora viguesa Leitmotiv que xa foi a encargada de traer ao DJ internacional, David Guetta, ao Auditorio de Castrelos e que se converteu no concerto máis multitudinario da historia da cidade de Vigo, con máis de 120.000 persoas.
As entradas están dispoñibles dende hoxe ás 15.00 horas cun prezo de saída de 12 euros para as xerais, e 35 euros para as entradas VIP, que incluen acceso prioritario, acceso á zona frontstage, barra exclusiva e zona de descanso. Todas elas poden obterse a través de Woutick, inda que os prezos irán aumentando según se achegue a data.