Ovica demanda para o sector equidade no pago adiantado da PAC

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Reclaman que os produtores de ovino e cabrún tamén teñen gastos operativos aos que facer fronte
ovellas-rebano
31 Out 2024

O pasado luns, día 21 de outubro de 2024, o presidente autonómico Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno vai aboar cun mes de adianto, respecto de pasadas campañas, o chamado “anticipo” dos pagamentos directos da PAC referentes á solicitude única 2024.

Este adianto corresponde a pagamentos para o sector vacún, tanto de leite como de carne, que representa un 75 % das solicitudes da PAC en Galicia.

O obxectivo é que as persoas beneficiarias conten cun fluxo de efectivo para facer fronte aos seus gastos operativos durante o presente ciclo agrícola.

Dende Ovica demandan que o sector ovino e cabrún sexa incluído nestes pagos adiantados posto que as persoas titulares de granxas de ovellas e cabras tamén teñen gastos operativos aos que facer fronte.

"Cremos que é importante apoiar o noso sector xa que somos a primeira liña de loita contra incendios, facendo efectiva a limpeza dos montes en moitas zonas nas que non sería posible facelo con outro tipo de gando. Ten, ademais, unha gran potencialidade nunha comunidade como Galicia na que o despoboamento no rural e o abandono de terras agrarias é unha gran problemática. Por isto consideramos que a administración debería apoiar para que se converta nunha posibilidade real de actividade agro gandeira, poboando o rural e mantendo a nosa paisaxe", din.

0.20111393928528