Paderne de Allariz acolle este domingo un curso de Defensa Persoal dirixido a mulleres

Paderne de Allariz acolle este domingo un curso de Defensa Persoal dirixido a mulleres
A actividade será impartida por Juan José Martínez coach deportivo e motivacional, e haberá que inscribirse para participar
Paderne de Allariz acolle este domingo, 18 de xaneiro un curso de defensa persoal para mulleres, unha proposta formativa de carácter práctico que se desenvolverá no salón de actos do Concello en horario de 10.30 a 19.30 horas.
A actividade será impartida por Juan José Martínez, coach deportivo e motivacional, e está baseada no Método MAS, unha metodoloxía de defensa persoal feminina que combina técnicas corporais con estratexias de xestión mental para facer fronte a situacións de risco no día a día. O programa pretende non só achegar recursos de autoprotección, senón tamén axudar a identificar sinais de perigo e reforzar a prevención para anticiparse ante posibles ameazas.
O curso inclúe un descanso con pinchos no mesmo recinto. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición chamando ao 988 29 30 00, no Departamento de Servizos Sociais.